Logo

 

HISTORIA

Para saber máis sobre a historia do noso cole:

     libro     O Colexio La Milagrosa está rexido e dirixido polas Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl.
Chegaron estas Irmás a Lugo, en número de seis, o ano 1879 para facerse cargo da BENEFICENCIA, que comprendía o Hospital, o Asilo e o Hospicio. E todo reunido nun só edificio: o que hoxe é Museo Provincial. A iniciativa partiu do entón alcalde de Lugo e presidente da Xunta de Beneficencia, o Sr. Cayón.
De acordo coas mesmas Irmás, en Xaneiro de 1880, a Xunta Municipal de Beneficencia creou unha "Escola de Párvulos" dentro do mesmo edificio, para nenos de ambos os dous sexos, de 3 a 6 anos, fillos de familias humildes, os cales permanecían no devandito centro dende as 7 da mañá ata as 8 da tarde. Para iso solicitouse a presenza de dúas irmás máis.
En 1900, é o Sr. Bispo de Lugo, Don Benito Murúa quen require ás Fillas da Caridade para que se fagan cargo dunha "Escola para nenas pobres", no edificio pegado á Igrexa San Juan de Dios, hoxe Parroquia de San Froilán.
Con todo, os medios económicos por aquelas datas eran moi escasos e as Irmás houberon de traballar denodadamente para soster o Colexio e sosterse a si mesmas, pois as clases eran gratuítas. Só a fe e a Providencia lles axudaron a levar as súas moitas privacións con alegría e con recoñecido proveito para as súas numerosas alumnas.
En 1940 as Fillas da Caridade abriron no devandito colexio internado para novos que viñan dos pobos a estudar en Centros Oficiais da Cidade; continuaron coa súa Escola de Párvulos e Primaria, e, á súa sombra naceron así mesmo algunhas outras obras "Vicencianas": As Damas da Caridade (hoxe Voluntarias da Caridade), a Asociación da Milagrosa, as Fillas de María (hoxe Juventudes Marianas Vicencianas).
Chegamos a 1978. Coa LODE en vigor, o Ministerio de Educación autorízaas a impartir oito unidades de E.X.B. e catro unidades de preescolar; e actualmente ten tres unidades de Educación Infantil e seis de Educación Primaria mediante Concerto Xeral coa Consellería de Educación.
A escaseza, non obstante, de vocacións relixiosas condicionounas a contratar profesoras segrares para poder atender debidamente a formación integral, tanto dende a perspectiva intelectual como humana e cristiá dos numerosos alumnos do colexio, hoxe mixto.
No ano 2000 celebramos o CENTENARIO 1900- 2000 do noso colexio, motivo polo que se publicaron numerosas recensións e publicacións en distintos medios, do tipo:
"... O Colexio de A Milagrosa segue sendo exemplo do bo facer e mellor educar. Centos de ex_alumnos e alumnas formados nas súas aulas e que camiñan polas nosas rúas, poderían certificalo.
Por iso as Fillas da Caridade queren continuar na nosa cidade de Lugo. Queren que a obra de San Vicente siga adiante e dispostas están a poñer os medios para que así sexa ..."

 

 

MENÚ INICIAL