Benvidos e benvidas á páxina web do colexio La Milagrosa de Lugo (CPR Plurilingüe La Milagrosa).

O noso centro estrutúrase en dúas etapas de ensino:

Educación Infantil: de 3 a 6 anos

Educación Primaria: de 6 a 12 anos

Desde esta páxina poderás acceder a diferentes seccións de información que favorecerán a comunicación de toda a comunidade educativa.

Pretendemos dar a coñecer os servizos cos que contamos: instalacións, horarios, historia, carácter propio, titorías, ANPA, extraescolares, comedor, madrugadores, libro de reclamacións e suxestións,… e ao mesmo tempo desexamos ser útiles na necesaria relación familia-escola, achegando a nosa realidade a través de : anuncios, galería, plataforma educativa, saídas, noticias, blogues de aula,…

Así mesmo trataremos de ofrecer información de interese que complemente á recibida en secretaría e nos taboleiros de anuncios, como pode ser: admisión e matrícula, bolsas e axudas, listaxes de libros de texto, etc.

Finalmente, a nosa sección de contacto ofrece outra vía máis de comunicación na que atoparedes os datos necesarios de acceso ao noso centro.

website templates free download