website maker




 CONVOCATRORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21
ENLACE DA CONVOCATORIA
** AXUDAS LIBROS:
Contía: 210 € (renda per cápita inferior a 6.000€)
       140 € (renda per cápita entre 6.000 e 10.000€)
** FONDO SOLIDARIO:
Para ó alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria que participe no Fondo Solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
 ** AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR:
Para ó alumnado matriculado en Educación Primaria con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. A contía da axuda será de 50€.
** REQUISITOS para acceder ao Fondo Solidario e ás Axudas para adquirir libros de texto: Artigo 5 da Orde.
- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas ou recibido do fondo no curso 2019/2020.
- Conservar en bo estado os libros e o material reutilizable.
- Destinar o importe do vale para adquirir os libros que indique o centro.
- Destinar o importe do vale para adquirir o material escolar que necesite.
- Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros(https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
 O formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
** PRAZOS:
- Para a presentación de solicitudes: Ata o 19 de xuño, este incluído. Artigo 11 da Orde.
- Para a devolución de libros do curso 19/20: Ata o 7 de xullo
- Para publicar as listaxes provisionais: Ata o 10 de xullo.
- Para facer reclamacións: Ata o 17 de xullo.
- Para publicar as listaxes definitivas: Ata o 20 de xullo.
- Para matrícula: Do 1 ó 10 de xullo


Contacto CPR Plurilingüe La Milagrosa

Don't hesitate to contact us

Praza Ferrol, 21 Lugo-27001

Teléfono: 982242010
Email: cpr.milagrosa.lugo@edu.xunta.es