free web templates

    ETAPAS EDUCATIVAS

Mobirise

EDUCACIÓN iNFANTIL

A proposta educativa do Equipo de Infantil está baseada en estudos da NEUROCIENCIA. Pretendemos que o noso alumnado aprenda de maneira significativa e consolide as aprendizaxes.
Na metodoloxía de ensino-aprendizaxe contamos con distintos programas:
* Estimulación Temperá:Programa físico de Desenvolvemento Básico (Arrastre e gateo á primeira hora da mañá)
* Xadrez
* Robótica
* Aprendizaxe Cooperativa
* Rutinas de Pensamento
* Inglés: Dúas medias sesións por semana impartidas por profesora especialista
* Psicomotricidade: Unha sesión semanal en inglés, impartida por profesora especialista.
A aprendizaxe da lectoescritura parte de traballar todos os aspectos da prelectura: discriminación visual e auditiva, memoria, orientación espacial, motricidade fina,... Adaptando finalmente o método ás características individuais do noso alumnado incorporando os recursos oportunos en relación co momento e as circunstancias que se presenten.
O profesorado do Equipo de Infantil participa cada curso escolar nun amplo Plan de Formación que garantice a mellora da nosa capacidade e calidade docente.


Mobirise

EDUCACIÓN PRIMARIA

O Equipo de Educación Primaria avanza nas metodoloxías traballadas na etapa Infantil: aprendizaxe cooperativa e rutinas de pensamento e introduce no Plan Lector a Gamificación a través da Plataforma Ta-tum.
Contamos con especialistas en:
* Música, con aula propia e que conta na súa programación con dous festivais de participación en grupos: Panxoliñas, no Nadal e Canción Misioneira.
* Educación Física, cun elaborado programa de expresión corporal, xogo e habilidades sociais.
* Inglés, con lectura obrigatoria dun libro en inglés en 5º e 6º de Primaria, valorando dun xeito especial o speaking
* Especialista de P.T. e A.L. (Pedagogìa Terapéutica y Audición y Lenguaje) con aula propia.
Contamos cun pequeno horto escolar en EP4  que permite cultivar algunha verdura que logo aproveitan para cociñar e invitar ao resto dos compañeiros e compañeiras.
Entre os programas de participación destacamos:
* Educación vial
* Almorzos saudables
* Seguridade na rede (programa ciberexperto)
* Educación afectivo-sexual
* Apadriñamento TIC
* Contacontos por un día (os maiores aos pequenos)
O Plan de Formación do profesorado permite cada ano poder renovar as metodoloxías de traballo do noso alumnado renovando recursos para traballar as intelixencias múltiples na aula.
A biblioteca escolar é un referente de participación e exposcións ao longo de cada curso escolar, tanto na etapa de Infantil como en Primaria.


Contacto CPR Plurilingüe La Milagrosa

Don't hesitate to contact us

Praza Ferrol, 21 Lugo-27001

Teléfono: 982242010
Email: cpr.milagrosa.lugo@edu.xunta.es