free website builder

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)

1

CALENDARIO 


* Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe: 1-15 de febreiro, ambos os dous incluídos.
* Sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: enlace.
Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro. 

2

PROCEDEMENTO

* Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).
* Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:
-Entregándoa no centro de orixe do alumno (centro no que está actualmente escolarizado).
-Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”:                                 https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
*A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
*A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do 1 de marzo).
*A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade. 

2º FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
Para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos ou procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 15 de febreiro.
- Para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

1

CALENDARIO 

*Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-23 de marzo.
*Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 5 de abril, ambos os dous incluídos.
*Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
*Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
*Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
*Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes). 

2

PROCEDEMENTO

* Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).
* Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
* Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:
-No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.
-Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

*No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.

*As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:
-Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo II (modelo ED550B), que pode recoller gratuitamente no centro ou descargar dende a páxina web da Consellería.
-Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado 

3º FASE: MATRÍCULA

1

CALENDARIO 


*Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20-30 de xuño
*Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
*Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro